A utilidade do galego

1. Contoume unha amiga que só fala galego, castelán e inglés que foi por unha entrevista por cuestións de traballo a unha empresa en París. Chegaba pensando que o interlocutor falaría algo de inglés, pero ia no avión tremando de medo. As pernas xa non a sostiñan cando ia subindo os chanzos da escaleira. Sentouse no despacho, e efectivamente, o interlocutor non falaba nen "papa" de castelán nen de inglés. Pero díxolle que os seus pais eran portugueses, e toda a conversa discurriu de xeito fluido en galego-portugués.
2. Nun Congreso o ano pasado en Sevilla tocoume á beira dunha rapaza de Bulgaria. Para entenderme con ela pregunteille se falaba algo de español ou de inglés. Nada de nada. Para a miña sorpresa, díxome que sí sabía portugués. Mantivemos unha animada conversa que rematou de madrugada.
3. Este verán fun a Irlanda. En Dublín, no Temple Bar atopeime cun feixe de rapaces ingleses que facían unha despedida de solteiro. Non é por presumir, pero o máis guapo veu xunto de mín. Invitoume a unha pinta. Tiñamos dificultades para entendernos no meu inglés chapuceiro, pero vin o ceo aberto, cando me dixo que era fillo de portugueses da illa de Madeira. Lembrome de toda a noite, como me acordo do primeiro bico ao comezo do amor, ...
2 minutos para a peaxe

Vin en youtube que en Arxentina existe unha normativa segundo a cal, un coche que esté máis de dous minutos na cola da peaxe dunha autopista pode pasar sen pagar. O automobilista tamén ten dereito a esixir que lle levanten a barreira e non aboar a "portagem" se a cola de turismos para pagar supera os 15 vehículos. ¿que vos parece esixir en Galicia unha cousa similar? ¿Non sería interesante demandar que a Xunta de Galicia lle ordene a Audasa a aplicar a mesma normativa?
Machismo na SER
Reproducción aproximada do comentario escoitado no programa SER curiosos, na noite do 22 ao 23 de xuño do 2007:
Alberto : Antes da chegada do cristianismo, a sociedade era fundamentalmente matriarcal, eran as mulleres as que mandaban.
Locutor 1: Xa temos aquí a Ainhoa toda finchada.
Alberto: Estará finchada de ombreiros, porque para fincharse de peito ten que ir a Corporación Dermoestética.
Locutor 1: Vaia faltada!
Ainhoa: Si, aquí me di iso, pero logo saimos do estudio e me tira os trastos.
Alberto: Só o fixen unha vez, e estaba borracho.
Todos: Ha, ha, ha,
Logo cambian de tema e ao remate do programa:
Ainhoa: Eu de todo o programa, quédome con que eran as mulleres as que mandaban.
Locutor 1: Crein que te ias quedar con que só cho pediron unha vez e borracho.
Sen comentarios.
A arte de Galicia en Venecia
O profe da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) Alberto Ruiz de Samaniego exerce como comisario do pavillón español na Bienal de Venecia. A mostra abreuse ao público esta mañá. En
www.radiofusion.eu ofrecen un interesante artigo sobre a exposición.
Marcadores: arte, Galicia, radio, Venecia
Apertas de balde na Coruña

As apertas gratis chegan a Galicia. No pasado mes de decembro realizouse a través dos blogs unha convocatoria mundial daqueles que estiveran dispostos a repartir abrazos aos transeuntes. Agora a convocatoria realízase tamén para a cidade da Coruña.
O día 27 de xaneiro ás 19h no Obelisco reunirémonos tod*s, e a partir de ahí decidiremos probablemente repartirnos en pequenos grupos por diferentes zonas cercanas. Acudide preferiblemente cun cartel (con ou sen mango) que diga “Apertas Gratis”, “Abrazos Gratis” ou lema similar que desexedes, a falta diso pódese apañar un folio ou unha cartulina. Escoitei a nova en Radiofusion e logo lin a convocatoria en www.orecuncho.com. Tamén hai máis información en abrazosgratis.org
Gustoume a novela de "Pepa a loba"

Lin a novela de Pepa a Loba, elaborada por Carlos G.Reigosa. Gustoume. E de lectura doada e ofrece un bo reflexo da Galicia do século XIX, do seu mundo rural, dos seus fidalgos, cregos e bandoleiros. Ademais achega con bastante fidelidade as peripecias desta bandoleira que se ten convertido nun mito popular. Vexo despois unha crítica tamén positiva na paxina web do historiador Jose Antonio Durán (
www.tallerediciones.com) Durán somentes censura o pouco coidado no emprego da lingua, e a abundancia de castelanismos.
Eu pedín un Volvo, un Volvo !!!!
Os SMSs e Internet xubilan cada ano máis ás tradicionais postais de Nadal. A pasada noiteboa numerosas mensaxes de texto se enviaron a través dos móbiles. A avalancha repetiráse o vindeiro domingo, coincidindo co remate do ano. Recollemos de seguido algunhas desas mensaxes, cheas de ironia, de humor ou de tenrura.
Aviso a toda a poboación: O simulacro de paz e amor comezou. Saquen os lagostinos, abracen aos cuñados e reunanse a brindar.
Cando a noite de Reis, se meta Melchor espido na túa cama, repítelle.
Que pedín un Volvo, un volvo !!!
Perdoa que che mande esta mensaxe tan cedo. E que teño tantos amigos ricos e guapos, que empezo polos pobres e feos. Bó nadal.
Un grego gababa a habilidade dos que saben ferir a quen nos fire. Hai un arte maior, a de querer a quen nos quere. Felices festas.